Content-Length: 196433 | pFad | http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erat%C3%B3stenes&printable=yes

Eratóstenes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eratóstenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEratóstenes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἐρατοσθένης ὁ Κυρηναῖος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Ἐρατοσθένης Editar o valor en Wikidata
276 a.C.
Cirene (Período helenísticco de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte194 a.C.
Alexandría (Período helenísticco de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Director da Biblioteca de Alexandría
255 a. C. – 200 a. C.
← Apolonio de RodasAristófanes de Bizancio → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría, teoría de números e xeografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemáticco , musicólogo , teóricco da música , xeógrafo , poeta elexíaco , escritor , bibliotecario , historiador , astrónomo , poeta , filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenísticco Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBiblioteca de Alexandría Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAristón de Quíos, Zenón de Citio, Arcesilau (pt) Traducir, Calímaco e Lysanias of Cyrene (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPtolemeu IV Filopator (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1128886

Eratóstenes (Ερατοσθένης), nado no ano 276 a.C. e finado no 194 a.C., foi un matemáticco, xeógrafo e astrónomo grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Cirene, na actual Libia, estudou en Alexandría e posteriormente en Atenas. Tivo como mestres a Aristón de Quíos, a Lisanias de Cirene e ao poeta Calímaco e foi grande amigo de Arquímedes. Dende o 236 a. C. dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Tolomeo III.

A Eratóstenes atribúeselle a invención da esfera armilar, que se empregou ata o século XVI, e coa que determinou a oblicuidade da eclíptica. Eratóstenes determinou tamén que o intervalo entre os trópiccos eran os 11/83 da circunferencia enteira, o que resultaba para esa oblicuidade 23º 51' 19", cifra que posteriormente adoptaría Tolomeo, aínda que segundo algúns historiadores Eratóstenes obtivo un valor de 24º, e sería Tolomeo quen modificara o resultado.

Despois de ler un informe sobre Siena, cidade a 800 km ao sueste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ao caeren sobre unha vara vertical ao mediodía no solsticio de verán (21 de xuño) non producía sombra, Eratóstenes realizou observacións en Alexandría o mesmo día á mesma hora e descubriu que a luz do Sol incidía verticalmente nun pozo de auga o mesmo día á mesma hora. Con isto supuxo correctamente que, se o Sol estaba a grande distancia, os raios solares debían chegar á terra en forma paralela se era plana e non debía haber diferenzas entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde se atopasen. Pero si había esas diferenzas, polo que deduciu que a terra non era plana e utilizando a distancia coñecida entre as dúas cidades calculou a circunferencia da terra en 252.000 estadios (40.000 km).

Eratóstenes foi o inventor da xeografía científica, recolleu os coñecementos esparexidos en numerosas obras de viaxeiros e cronistas para compoñer a obra Geographika, que non se conserva máis que fragmentariamente, dividida en tres volumes: o primeiro falaba dos seus predecesores e expuña as investigacións que se realizaran sobre a forma da Terra, que el cría unha esfera inmóbil; o segundo falaba da xeografía física; e no último libro falaba de xeografía política, no que se incluían as descricións das rexións coñecidas, que tomou dos relatos de viaxeiros e xeógrafos precedentes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erat%C3%B3stenes&printable=yes

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy