Content-Length: 308007 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Oviedo

Oviedo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOviedo
Oviedo (es)
Uviéu (ast) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°21′45″N 5°51′01″O / 43.3625, -5.8503
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalOviedo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bendones (en) Traducir
Brañes (en) Traducir
Caces (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 30+
Poboación
Poboación217.584 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.165,73 hab./km²)
Número de fogares97.821 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie186,65 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude241 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
16 de outubro de 1936Siege of Oviedo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfredo Canteli Martínez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33001–33013 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33044 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Holon (pt) Traducir
Santiago de Compostela
Valparaíso (1972–) Editar o valor en Wikidata../... 21+

Páxina weboviedo.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX125807

Oviedo[1] (en asturiano: Uviéu[2][3] ou Uvieo), coñecida historicamente en galego como Ovedo[4][5], é unha cidade e concello do norte de España de orixe medieval (século VIII), capital do Principado de Asturias. Cunha poboación de 219 910 habitantes (2020) é a segunda cidade da comunidade logo de Xixón. Ovetenses emprendedores bautizaron con este nome tres cidades americanas: en Paraguai, na República Dominicana e nos Estados Unidos de América. É, ademais, a capital comercial e de negocios, e o centro administrativo e universitario da rexión.

Conta a lenda que o rei Froila I saíu de caza cos seus amigos e pararon a comer nun lugar idílico, máis ou menos onde se atopa hoxe a cidade de Oviedo. Ó longo da conversa xurdiu unha pregunta: ¿En que lugar vas comezar a construír a cidade que será a corte?, ó que o rei respondeu en latín: Ubi edo, que quere dicir «onde como».

A cidade de Oviedo xurdiu sobre un outeiro que os romanos chamaban Ovetao. O seu suposto fundador foi o rei Froila, fillo de Afonso I de Cantabria (xenro e sucesor do rei Froila I), que reinou dende o 757 ata 768.

Foi Afonso II o Casto, o fillo de Froila, quen trasladou a capital política da Galicia alto-medieval a ese lugar, engrandecendo Oviedo e converténdoa en sé episcopal. Ademais fortificouna e a dotou de palacios, igrexas e outras construcións, como un acueduto (do que hoxe só quedan tres arcos).

Durante o seu reinado descubriuse en Compostela unha tumba da que se supuña era do apóstolo Santiago (no 812), e este rei foi o primeiro en visitar a tumba partindo de Oviedo, co que Afonso II se converteu no primeiro peregrino a Santiago de Compostela e inaugurouse o primeiro camiño de peregrinos, como pode lerse nun documento de Afonso II datado o 4 de setembro do ano 829, onde se lle concede á igrexa de Santiago de Compostela o espazo comprendido nun raio de tres millas en torno a dita igrexa, que foi construída para venerar as sagradas reliquias, e onde así mesmo se conta como este rei soubo do descubrimento e como acudiu cos maiores do seu palacio; aínda que hoxe en día se sabe que é falso, suponse que debe basearse noutro verdadeiro de Afonso II que xa non se conserva.

O rei Xoán I, en 1388, funda o Principado de Asturias, título inaugurado polo infante Henrique, fillo daquel, e que dende entón corresponderá ós sucesores a Coroa; Oviedo convertese, entón, na capital do Principado.

Durante a Idade Moderna houbo unha inmobilización económica debida a un certo illamento. A finais do século XVIII a cidade comezou a experimentar unha vida cultural bastante alta, salientando a figura de Feijoo quen aínda que naceu en Ourense viviu a meirande parte da súa vida no colexio bieito de San Vicente de Oviedo.

A comezos do século XIX os ovetenses foron dos primeiros españois en rexeitar a invasión francesa, e o 9 de maio de 1808 iniciaron o alzamento de Asturias para defender a independencia, como pode lerse na seguinte placa conmemorativa do primeiro centenario de tan histórico acontecemento. Foi o escenario dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais. A decisión tomouna a Xunta Xeral do Principado na noite do 23 ó 24 de maio de 1808, obrigada pola presión popular. As tropas francesas foron rexeitadas, tras ter sometida a cidade durante un ano.

Durante a revolución de 1934, protagonizada polos mineiros da Conca, a cidade queda asolada en boa parte: resultan incendiados, entre outros edificios, o da Universidade, cuxa biblioteca gardaba fondos bibliográficos de extraordinario valor que non se puideron recuperar, ou o teatro Campoamor. A Cámara Santa na Catedral, pola súa parte, foi dinamitada.

Durante a sublevación do exército en 1936 que deu lugar á guerra civil, a cidade quedou en mans dos sublevados (baixo o mando do coronel Aranda), permanecendo sitiada polas tropas leais ó goberno republicano, ata que as tropas sublevadas romperon o cerco en 1937, coa caída de toda a zona norte nas mans franquistas. A cidade quedou reducida practicamente a cinzas.

En lembranza do símbolo do Oviedo, no centro da cidade

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Oviedo desde o monte Naranco.

O concello atópase no centro do Principado de Asturias, ocupando 186,65 km² entre os ríos Nalón e Nora (os ríos máis importantes do concello, xunto ao río Trubia), aínda que ningún deles cruza o centro urbano. Limita ó norte con Las Regueras e Llanera; ó sur con Santo Adriano, Ribera de Arriba e Mieres; ó oeste con Grau e ó leste con Siero e Langreu.

A altura do concello varía entre os 80 msnm que marca o río Nalón e os 709 msnm que alcanza o Monte Picayo, no macizo da Grandota, situado no límite con Langreu. A cidade está protexida dos ventos do norte polo Monte Naranco; ao sur está a serra do Aramo, na que se atopa o alto de L'Angliru, famoso pola súa dureza para os ciclistas e popularizado por ser final de etapa da volta ciclista a España en varias ocasións. O centro urbano ocupa unha topografía accidentada, que se traduce en bruscos desniveis de máis de 100 metros entre o barrio do Cristo (315 m) e La Tenderina (190 m); normalmente utilízase como referencia para o centro urbano a altura á que se atopa o Teatro Campoamor (227 m). A pesar desta topografía, o concello representa o primeiro ámbito de certa horizontalidade ao norte da Cordilleira Cantábrica, que é continuada polos concellos de Llanera e Siero.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do INE de 2020, o concello de Oviedo ten 219 910 habitantes —dos cales 118 161 son mulleres e 101 749 son homes— e unha densidade de poboación de 1 580,29 hab/km². A parroquia de Oviedo conta con 205 074 veciños, dos cales 186 188 viven no núcleo urbano.

Evolución demográfica do concello de Oviedo (España).
Fonte: Instituto Nacional de Estadística - Elaboración gráfica por Wikipedia.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do concello de Oviedo baséase fortemente no sector terciario, sendo unha cidade cuxo centro está, eminentemente, ocupado con edificios de oficinas. A capitalidade do Principado outórgalle un gran número de funcionarios públicos. A industria é reducida no concello, e a máis próxima á cidade aséntase sobre todo nos veciños concello de Siero e Llanera. O Concello de Oviedo tiña en 2009 unha débeda pública de 135.185.000,00 €.[6]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Prerrománico asturiano

[editar | editar a fonte]
Santa María del Naranco
San Xián dos Prados.
Escultura dedicada a La Regenta e a Catedral de San Salvador.

Oviedo, como capital do antigo Reino de Asturias, alberga a maior cantidade de edificios representativos da chamada Arte prerrománica asturiana, que se desenvolveu durante a existencia dese reino nos séculos IX e X. Foron declarados Patrimonio mundial pola Unesco, en 1985 e 1988, coa denominación «Monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias». En Oviedo atópanse:

  • Cámara Santa de Oviedo. Capela situada dentro do conxunto arquitectónico da Catedral. De cronoloxía discutida, estilisticamente parece ser obra do tempo do rei Afonso II o Casto, primeira metade do século IX, aínda que pola documentación existente parece máis plausible que fose mandada construír polo rei Afonso III o Magno no último terzo do século IX. Desde a súa construción serviu para custodia do tesouro e reliquias catedralicias, función que segue mantendo. Nela gárdanse xoias como a Cruz dos Anxos, a Cruz da Vitoria, o Cofre das Ágatas, dos séculos IX e X, e o Arca Santa onde á súa vez se gardaba a máis importante reliquia da diocese, o Santo Sudario, agora gardado nun relicario á parte.
  • Testero de San Tirso, igrexa mandada construír por Afonso II no século IX, moi modificada en séculos posteriores, de forma que só queda este elemento da construción orixinal.
  • San Xián dos Prados. Igrexa de comezos do século IX, mandada construír por Afonso II. O seu interior está decorado con pinturas ao fresco que se conservan practicamente intactas e que constitúen unha das máis importantes mostras de pintura prerrománica de Europa.
  • Santa María del Naranco. Palacio do século IX, mandado construír polo rei Ramiro I, no próximo Monte Naranco á vista da cidade. Posteriormente transformado en igrexa no século XII.
  • San Miguel de Lillo. Igrexa da segunda metade século IX, construída á beira do anterior palacio co que forma un conxunto arquitectónico.
  • Foncalada. Edícula monumental que alberga unha fonte, do tempo de Afonso III o Magno no século IX. Trátase da única obra civil da arte prerrománica que se conserva.

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos edificios relixiosos da cidade destacan:

Arquitectura civil

[editar | editar a fonte]
Universidade
Palacio de Congresos obra do arquitecto Santiago Calatrava.
Estadio Municipal Carlos Tartiere.

O fútbol é o deporte máis popular da cidade sendo o Real Oviedo o seu equipo máis representativo habendo militado durante 38 tempadas en Primeira División conseguindo en tres ocasións o terceiro posto na clasificación.[7] Tamén é de destacar o seu primeiro presidente e fundador, Carlos Tartiere, cuxo nome tamén posúe o estadio do equipo. Neste equipo xogaron moitos ovetenses destacados entre os que se atopa, por exemplo, Oliverio Jesús Álvarez González (Oli). Ademais en Oviedo naceron algúns xogadores destacados de finais do século XX e principios do XXI, como Enrique Castro González (Quini), Javier Paredes ou Luís García Fernández. Outros clubs de fútbol da cidade son o Astur Club de Fútbol, o Universidad de Oviedo, o Centro Asturiano de Oviedo, o Masaveu CF, o CD Covadonga, o Pumarín CF, o APA Santa Teresa CD, o Vallobín, o Juventud Estadio, La Manjoya ou a Peña Oviedo Berto.

En fútbol feminino destaca o Oviedo Moderno que disputa a máxima categoría nacional, a Superliga.

Fernando Alonso durante a clasificación do Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, destacado deportista de Oviedo.

En hóckey a patíns, o FM Roller Oviedo xoga na Primeira División, mentres que o Real Oviedo faio na Primeira División B; en baloncesto o Oviedo Club Baloncesto disputa a liga EBA e en rugby o Oviedo Rugby Club disputa a División de Honra B. Outros clubs importantes son o Universidad de Oviedo, Oviedo Atletismo e La Santina en atletismo, o CD Oviedo Sporty en fútbol sala, o Club Bádminton Oviedo, en bádminton, o Balonmán Base Oviedo e o BM Naranco en balonmán e o Club de Natación Ciudad de Oviedo en natación e wáter-polo.

Individualmente destacan Fernando Alonso, bicampeón do mundo de Fórmula 1, Galo Blanco, tenista profesional gañador dun torneo ATP (San Marino, 1999) e cuartofinalista en Roland Garros en 1997. Tamén Samuel Sánchez González, medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 na proba de ciclismo en ruta e o xogador do Club Baloncesto Málaga, Saúl Blanco.[8]

As instalacións máis importantes da cidade son o Estadio Carlos Tartiere, o Palacio de Deportes, o Complexo Deportivo de San Lázaro, as instalacións deportivas do Cristo e da UND, o Centro Asturiano, o Campo Municipal de Golf, o Centro Ecuestre Municipal, e varios polideportivos.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Isidoro o Real, na praza do Concello.

As cidades irmandadas con Oviedo, ordenadas por data de irmandade, son as seguintes:[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ovetense.
  2. "Oviedo" é o topónimo en castelán, cooficial coa forma asturiana "Uviéu". Así mesmo, Oviedo tamén é o topónimo en galego segundo o apéndice de Dúbidas lingüísticas Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine. da UVigo
  3. "Oviedo ya es también oficialmente Uviéu. El Consejo de Gobierno aprueba los decretos que determinan los topónimos oficiales de tres concejos". En La Voz de Asturias. 13 de marzo de 2019.
  4. "Ovedo - Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-10. 
  5. ""Camiño de Ovedo", nueva calle de Melide (Coruña)". La Nueva España (en castelán). 2018-04-17. Consultado o 2021-12-10. 
  6. "Ministerio de Economía e Facenda" (PDF). meh.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  7. "Historia". Sitio oficial do Real Oviedo. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2010. 
  8. "Deportistas en Oviedo". vivirasturias.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  9. Ayuntamiento de Oviedo. "Ciudades Hermanadas". Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Oviedo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy