Outubro na cultura popular galega
Aparencia
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario [1].
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
- A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón [2].
- A verdura en outono cómea o seu dono.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- Arriba, putas, que aí veñen as san Lucas [3]
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As avenidas de San Simón, sonadas son.
- As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- Auga de outono mata ó seu dono [4].
- De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón [5].
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En octubre, a terra estercola e cobre.
- En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa [6].
- En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo [7].
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca [8].
- O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [9].
- O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa.
- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote [10]
- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar [11].
- Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.
- Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas [12].
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [13].
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Polo san Simón apreta o baldón [14]
- Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [15].
- Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin dá estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco.
- Por san Luca alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas [16]
- Por san Quintín castañas ó rolín [17].
- Por san Simón a xeira do cogordón [18].
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas [19].
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
- San Francisco fai a rela, San Xosé lévaa.
- San Francisco trae a vela, San Xosé lévaa.
- San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así como eles son santos, traian os trebóns mansos [20].
- San Simón, apreta o baldón.
- San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
- San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
- Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- Naquela banda do río,/ ten meu pai un castiñeiro,/ bota castañas no outono/ uvas no mes de xaneiro.
- Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio [21].
- Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [22].
- San Simón, san Simonciño,/ bendíceme este cordón/ que dá nove voltas/ ó redor do corazón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Constantino García González.
- ↑ San Simón apóstolo, 28 de outubro.
- ↑ San Lucas é o 18 de outubro e en Mondoñedo celébranse as festas patronais.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
- ↑ Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas.
- ↑ San Francisco, 4 de outubro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. setembre.
- ↑ Rosario Soto Arias 2013.
- ↑ "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez. San Lucas celébrase o 18 de outubro. Fonte: Eladio Rodríguez González, s. v. día.
- ↑ Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto.
- ↑ A Virxe do Pilar, 12 de outubro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas.
- ↑ Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois polo que se bota o viño. San Simón, 28 de outubro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
- ↑ San Xudas, 28 de outubro.
- ↑ San Quintín, 31 de outubro.
- ↑ Refírese a que comeza a tempada de ir ós cogomelos.
- ↑ San Simón e San Xudas celébranse o 28 de outubro.
- ↑ Non parece lóxico relacionar ó San Pedro de xuño coas tormentas, polo que este refrán debe referirse San Pedro de Mezonzo, que se celebra o 10 de setembro. Hai outros San Pedro pero máis lonxe de San Simón (18 de outubro).
- ↑ Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904.
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
- FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
- LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
- SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
- ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.