C-545
C-545 | |
---|---|
Tipoloxía | estrada comarcal |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 54,450 km |
Localización | |
Inicio | Santiago de Compostela |
Fin | Baio |
A estrada comarcal C-545 foi unha vía de comunicación que vai desde Santiago de Compostela até Baio[1], ao longo de 54,450 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).[2] Foi traspasado á actual estrada (desde Portomouro de Abaixo) AC-455, AC-406 e AC-404 polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).[3]
Percorrido
[editar | editar a fonte]Iníciase no norte de Santiago de Compostela e finaliza na parroquia de Baio do concello de Zas co cruzamento da estrada AC-552. De Santiago de Compostela ata Portomouro de Abaixo é a actual estrada DP-0701 e o resto das estradas, a AC-455 vai pola travesía de Portomouro de Abaixo, cruzado á AC-406 ata Santa Comba e finalmente cruzado á AC-404 ata Baio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (en castelán) (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.
- ↑ "Plan de Caminos" (en castelán).
- ↑ "DECRETO 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia". Consultado o 21 de xullo de 2003.