Content-Length: 108780 | pFad | http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%9F&printable=yes

ß - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

ß

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palabra utilissimæ escrita co eszett nun libro de 1541.

ß, denominado eszett ou scharfes S (pronunciados ['εstsεt] e [ʃarfəs εs]).[1] é unha letra do alfabeto gótico incorporada ao alfabeto alemán, de base latina.[1] É esteticamente semellante, mais non idéntica, á letra beta (Β, β) do alfabeto grego, mais non debe ser confundida con ela, por representaren sons diferentes.[2]

Representa o fonema [s] en alemán estándar, especificamente cando segue a vogais longas e ditongos (edelweiß). Despois de vogais curtas escríbese ss (delicatessen). O vocábulo eszett representa a pronuncia alemá das dúas letras S e Z.

Distintos glifos do ß

O ß orixinouse na ligadura de dous eses consecutivos, un de grafía alta (ſ) e outro normal (s), ou dun s longo e un z en forma gótica (ʒ). Como non aparece nunca no comezo de palabra, o ß só existía en versión minúscula; en textos escritos exclusivamente en maiúscula adoitaba substituírse por dous eses, o mesmo que en todos aqueles caso en que o carácter non estiver dispoñible nunha tipografía. En abril de 2008 introduciuse unha variante maiúscula no Unicode versión 5.1, con grafema .[3] O 29 de xuño de 2017, o Rat für deutsche Rechtschreibung (Consello para a ortografía do alemán, RDR) introduciu oficialmente a versión maiúscula da letra no alfabeto alemán.[4]

Antes da reforma da ortografía alemá de 1996, o ß tamén se empregaba a final de palabra, aínda que fose precedido por unha vogal curta.

Suíza e Liechtenstein

[editar | editar a fonte]

No alemán de Suíza, ss adoita substituír todos os ß, que foi abolido gradualmente dende a década de 1930, cando a maioría dos cantóns decidiu non ensinalo na escola e o servizo postal deixou de empregalo nos nomes de lugar. O Neue Zürcher Zeitung foi o último xornal suízo en abandonar o ß, en 1974. As editoriais só usan ß en libros destinados o mercado en lingua alemá xeral.

Esta situación foi sancionada oficialmente polas regras de ortografías reformadas do alemán, que afirman en §25 E2: In der Schweiz kann man immer „ss“ schreiben ("En Suíza, pódese escribir sempre 'ss'"). Liechtenstein segue a mesma práctica.

  1. 1,0 1,1 Cheng, Karen (2006). Designing Type. Laurence King Publishing. p. 232. ISBN 9781856694452. 
  2. Deutsche Rechtschreibung: Regeln und Wörterverzeichnis ; amtliche Regelung. Gunter Narr Verlag. 2006. p. 287. ISBN 9783823362708. 
  3. Cord Wischhöfer: Proposal to encode Latin Capital Letter Sharp S to the UCS. (n3327.pdf[Ligazón morta]). Resolutions of WG 2 meeting 50 Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine..Unicode 5.1.0
  4. "Deutsche Rechrtschreibung Regeln und Wörterverzeichnis: Aktualisierte Fassung des amtlichen Regelwerks entsprechend den Empfehlungen des Rats für deutsche Rechtschreibung 2016" (PDF). §25, E3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xuño de 2017. E3: Bei Schreibung mit Großbuchstaben schreibt man SS. Daneben ist auch die Verwendung des Großbuchstabens ẞ möglich. Beispiel: Straße – STRASSE – STRAẞE.[When writing in all caps, one writes SS. It is also permitted to write ẞ. Example: Straße – STRASSE – STRAẞE.] 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=%C3%9F&printable=yes

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy