Saltar ao contido

Útero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1: trompas de Falopio; 2: Infundíbulo; 3: vexiga urinaria; 4: sínfise pubiana; 5: glándula de Skene; 6: uretra; 7: clítroris con bulbo do vestíbulo; 8: Vestíbulo de la vagina 9: labios menores; 10: labios maiores; 11: ovarios; 12: colon; 13: útero; 14: fórnix; 15: cérvix; 16: recto; 17: vaxina; 18: ano; 19: glándula de Bartholin.

O útero, tamén denominado matriz ou seo materno, é o órgano da xestación do aparato reprodutor feminino, situado entre a vaxina e as trompas de Falopio. Recolle a blástula, que se implanta no endometrio, para o seu desenvolvemento durante a xestación. Na especie humana esta dura uns 280 días.

Anatomía do útero na muller

[editar | editar a fonte]

É un órgano muscular, oco, aplanado, con forma de pera, situado extraperitonealmente na pelve menor da muller, que cando adopta a posición en anteversión se apoia sobre a vexiga urinaria por diante, estando o recto por detrás. Está suspendido na pelve e colócase coa base dirixida cara a arriba e cara a adiante, e o colo dirixido un pouco cara a atrás.

Está recuberto parcialmente por peritoneo no fondo uterino, na súa porción máis posterosuperior. Polos lados presenta os ligamentos redondos e por diante a vexiga.

O útero está formado por dúas rexións principais que son:

  • O corpo uterino, ó que están unidas polos lados as trompas de Falopio. Está separado do colo uterino ou cérvix polo istmo uterino.
  • O colo do útero ou cérvix uterino que ten unha porción supravaxinal onde se atopa a canle endocervical e outra intravaxinal que se visualiza na colposcopia.

A parede do útero presenta á sección tres capas de células que son de fóra a dentro:

O útero está irrigado polas arterias uterinas, ramas da arteria ilíaca interna. A drenaxe linfática diríxese principalmente ós ganglios linfáticos ilíacos internos e externos, cara aos paraórticos.

A cada un dos lados hai un ovario que produce óvulos, que chegan a el a través das trompas de Falopio. Cando non hai embarazo, o útero mide uns 7,6 cm de lonxitude, 5 cm de anchura e 2,5 cm de grosor. Durante a xestación, o óvulo fecundado implántase no revestimento uterino, onde crece ata acadar a madurez. As paredes do útero son elásticas e estíranse durante o embarazo para albergar ó feto en crecemento. Aínda que o útero é un órgano muscular posúe un revestimento de material glandular brando que durante a ovulación se fai máis denso, momento no cal está listo para recibir un óvulo fecundado. Se non se produce a fecundación, este revestimento expúlsase durante a menstruación.

O útero é propenso ás infeccións. A endometrite é unha inflamación do revestimento mucoso do útero que pode afectar tanto ó cervix coma ó corpo do órgano, ou a ambos. O cancro e os tumores fibrosos do útero son bastante frecuentes, do mesmo xeito que a endometriose, que consiste na aparición de revestimento uterino por fóra do órgano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy