Wikipedia:Políticas e normas
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
- Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.
Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.
Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Wikimedia, os usuarios da Galipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
Derivación
editarA Wikipedia está operada pola organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia que se reserva certos dereitos legais (véxase aquí para unha lista das súas políticas). Porén, a Wikipedia é un proxecto autónomo dirixido pola súa comunidade. As políticas e convencións reflexan o consenso da comunidade, recollendo en Wikipedia:Cinco piares os principios máis importantes.
Políticas fundamentais
editar- Artigo principal: Wikipedia:Cinco piares.
Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:
Normas relacionadas co punto de vista neutral
editarOs artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
- Busque o punto de vista neutral .
- Comprobe que todo sexa verificable .
- Cite as fontes .
- Describa as obras de ficción dende a perspectiva do mundo real .
- Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo .
- A Wikipedia non é unha fonte primaria .
- Procura evitar escribir ou editar artigos autobiográficos .
- Biografías de persoas vivas .
- Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista.
- Non xogue co sistema.
Normas relacionadas coa boa conduta
editarA convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta e as cousas que non se deben facer . En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Compórtese civicamente.
- Presupoña a boa fe por parte dos demais.
- Non cree bandos nin use monicreques .
- Non entre en guerras de edición .
- Non rompa a edición.
- Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa .
- Non use a páxina de usuario ou as caixas de usuario para incumprir as normas xerais de conduta .
- Os artigos non teñen un dono particular .
Normas relacionadas co estilo
editar- Aprobadas
- Categorización de artigos .
- Evita as autorreferencias .
- Libro de estilo. .
- Homónimos .
- Ligazóns externas .
- Nomes propios de persoas .
- Redireccións .
- Títulos dos artigos sobre organizacións .
- Toponimia .
- Transliteracións .
- Propostas
Normas relacionadas cos procedementos de elección
editarNormas relacionadas coa administración
editar- Tipos especiais de usuarios:
- Administradores .
- Burócratas .
- Bots .
- Borrado de artigos:
- Normas específicas para borrar artigos .
- Criterios de eliminación rápida de artigos .
- Creación e tratamento de imaxes:
- Política de protección de datos .
- Política de bloqueo .
- Política de protección de artigos .