Vincent de Beauvais

Vincent de Beauvais, en latín Vincentius Bellovacensis, nado cara a 1190 e finado arredor de 1264/1267, foi un frade da orde dos predicadores dominicos soado por escribir a enciclopedia Speculum Majus, moi empregada na Idade Media.

Infotaula de personaVincent de Beauvais

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1190 Editar o valor en Wikidata
Boran-sur-Oise, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1264 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Beauvais (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpedagogo , zoólogo , naturalista , escritor , filósofo , encyclopedist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1157214 Discogs: 4137980 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ignórase practicamente todo sobre a súa vida, incluíndo as datas exactas do seu nacemento e da súa morte. Conxecturas sitúano primeiro na casa dos dominicos de París entre 1215 e 1220, e posteriormente no mosteiro dominico de Beauvais en Picardía, fundado por Lois IX de Francia. Con todo, é máis seguro que ocupase o posto de "lector" no mosteiro de Royaumont en Oise (na localidade actual de Asnières-sur-Oise), non lonxe de París, fundado igualmente por Lois IX entre 1228 e 1235. O rei lía libros compilados por Vincent, e daba os fondos para conseguir copias dos autores que lle pedisen. A raíña Margarita, o seu fillo Felipe e o seu xenro, Teobaldo V de Champaña (Teobaldo II de Navarra), son nomeados entre os que lle encargaban a composición dos seus "pequenos traballos", especialmente De Institutione Principum.

Aínda que Vincent puido ser convocado a Royaumont mesmo antes de 1240, non hai proba de que el vivise alí antes do retorno de Lois IX e a súa esposa de Terra Santa, ao principio do verán de 1254. Pero é evidente que de Beauvais debeu escribir o seu traballo De Eruditione Filiorum Nobilium(1246) (onde se nomea a si mesmo como "Vincentius Belvacensis, de ordine praedicatorum, qualiscumque lector in mosteiro de Regali Monte"). Despois desta data e antes de 1260, a data aproximada da súa Tractatus Consolatorius ocasionado pola morte dun dos fillos do rei ese ano.

A obra máis importante de Vincent de Beauvais foi Speculum Majus (Espello Maior), unha gran compilación dos coñecementos da Idade Media. Está formada por tres partes: Speculum Naturale (Espello Natural, formado por 32 libros), o Speculum Doctrinale (Espello Doctrinal, formado por 17 libros) e o Speculum Historiale (Espello Histórico, formado por 31 libros). Estas obras foron reeditadas numerosas veces até o Renacemento.

 
Miniatura de Vincent de Beauvais nun manuscrito do Speculum Historiale, traducido ao Francés por Jean de Vignay, Bruxes, c. 1478-1480, British Library Royal 14 E. i, vol. 1, f. 3

Outras obras

editar

Outras obras de Vincent de Beauvais son:

  • De eruditione filiorum regalium, sobre a educación dos príncipes.
  • Tractatus consolatorius de morte amici, letra dirixida ao rei despois da morte dun dos seus fillos en 1260.

O tratado sobre a formación dos fillos dos nobres é o tratado pedagóxico sistematizado máis importante da Idade Media.

Tamén lle foi atribuída a autoría do Speculum Humanae Salvationis.[1]

  1. "A Medieval Mirror". publishing.cdlib.org. Consultado o 2022-04-15. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy