Tunes
Tunes[1][2] (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956. O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que dá o seu nome a unha mesquita da cidade.
تونس (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Tunisia | ||||
Subdivisões da Tunísia (pt) | Túnis (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 602.560 (2022) (2.833,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 212.630.000 m² | ||||
Bañado por | Lake of Tunis (en) e Golfo de Tunes | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 71 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Colonia (1964–) Tashkent (1978–) Praga (1978–) Jeddah (1979–) Rabat (1987–) Marsella (1989–2009) Lisboa (1993–2006) Río de Xaneiro (1993–) Santiago de Chile (1994–) Doha (1994–) Mascate (1995–) Cidade de Kuwait (1998–) Moscova (1998–) Montreal (1999–) Estocolmo (1999–2001) Amán (1999–) París (2004–2012) Istambul (2012–) Trípoli (2013–) Turín (2015–) | ||||
Páxina web | commune-tunis.gov.tn |
Xeografía
editarSituada ao norte do país, ao fondo do golfo de Tunes, do que a separa o lago de Tunes, a cidade sesténdese pola chaira litoral e polos outeiros próximos. Está poboada por 728.453 habitantes (2004), denominados tunesinos, pero enmárcase dentro dunha aglomeración metropolitana moito máis extensa (até 30 km, alcanzando os suburbios setentrionais de La Marsa), na que moran arredor de 2.300.000 de habitantes (2006), e comprende 4 gobernacións, que conforman o Gran Tunes, a saber: Tunes, Ben Arus, a Ariana e a Manuba.
Clima
editarA cidade ten un clima mediterráneo meridional, con 18 °C de temperatura media anual (que oscila entre os 11 °C de xaneiro e os 27 °C de agosto). Nun período de 30 anos de rexistros a máxima absoluta atinxiu 46 °Cº e a mínima -1 °C. A pluviosidade total anual é de 440 litros, sen precipitacións durante os meses de xullo e agosto, mentres que durante o outono e o inverno concentra o 78% das chuvias.
Monumentos
editarA medina
editarA medina, ou cidade antiga, de Tunes foi declarada Patrimonio Mundial da UNESCO en 1979. A medina contén sobre 700 monumentos, incluíndo palacios, mesquitas, mausoleos, madrasas e fontes, que se remontan, en ocasión ao período almohade e a dinastía hafsida. Entre eses antigos edificios salientan:
- A Gran Mezquita (que engloba a Universidade Islámica e a biblioteca)
- A Mezquita Ez-Zitouna ("Mezquita da oliveira"), erguida en 723 por Ubaid Allah Ibn-al-Habhab para celebrar a nova capitalidade.
- Dar-al-Bey, ou Palacio do Bey, que comprende construcións e obras de diferentes estilos e períodos, do que se coida que se levanta sobre os restos do teatro romano e do palacio do século X de Ziadib-Allah II al Aghlab.
Outros monumentos
editar- O Museo do Bardo, contén coleccións provenientes do período romano-africano, así como da Grecia Antiga e dos diferentes períodos da historia de Tunisia. O edificio foi, en orixe, un palacio hafsida do século XIII.
- Nas proximidades xacen as ruínas de Cartago, na costa nordeste.
Notas
editar- ↑ "Definición de tunesino - Dicionario da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 02 de marzo de 2014.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tunes |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Tunes (en árabe)
- Galegos no Mundo, Tunes, programa da TVG.