Mosteiro do Escorial

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial[1] é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Mosteiro e Sitio de El Escorial en Madrid
Vista do Mosteiro desde o monte Abantos.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónSan Lorenzo de El Escorial (Madrid)
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador318

Características

editar

O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xerónimos, está ocupado actualmente por frades da Orde de Santo Agostiño. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladeira meridional do monte Abantos, a 1028 m de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.

Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.

Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.

As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy