Lucas o Evanxelista

un dos catro evanxelistas, simbolizado por un touro

San Lucas Evanxelista foi un médico xudeu helenizado do século I, nado en Antioquía (actual Turquía), coñecido por ser un dos catro evanxelistas. Como san Marcos, non foi un dos doce apóstolos. Ademais de considerárselle autor do terceiro evanxeo, tamén se lle atribúe a autoría dos Feitos dos Apóstolos.

Modelo:BiografíaLucas o Evanxelista

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Antioquía do Orontes, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte84 Editar o valor en Wikidata
Tebas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrecia Editar o valor en Wikidata
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEvanxelización e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, Evanxelistas, iconógrafo, escritor, pintor, evangelist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I Editar o valor en Wikidata)
Membro de
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de outubro Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoBull of Saint Luke (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDe viris illustribus
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1008196 Musicbrainz: 0c9f3966-66c7-4f03-bc48-9e098bfaac00 Discogs: 1942261 Editar o valor en Wikidata
Representación do evanxelista san Lucas, na ábsida da igrexa de Santa María de Melide.

O nome procede do grego Λουκᾶς Loukás, Lukas, latinizado como Lucas ou Luca [1].

É patrón dos médicos e da Facultade de Medicina de Santiago. Tamén o é dos pintores, doutores e cirurxiáns (pola súa profesión), solteiros (morreu solteiro), carniceiros e encadernadores (pola súa identificación co boi), cervexeiros e notarios [1].

Biografía

editar

Conta a tradición que foi pintor e especializouse en facer cadros da Virxe, cadros que igrexas de Italia e Grecia afirman posuír. Converteuse ó cristianismo grazas ó apostolado de san Paulo, a quen acompañou posteriormente (Paulo chamábao Lucas, o médico amigo) e a quen viu martirizar e morrer en Roma, con san Pedro, e el mesmo morreu crucificado, con santo André, na cidade de Patras en Acaia, Grecia (na costa norte do Peloponeso); outras fontes din que morreu colgado dunha árbore. Aínda así, parece máis verosímil que morrese de vello, con 84 anos, en Beocia (actual Grecia).

Durante as Cruzadas, as reliquias de san Lucas chegaron a Padua (Italia) e desde aquela se conservan na igrexa de Santa Xustina, agás o cranio, que foi levado á catedral de San Vito, en Praga, en 1354, por orde do emperador Carlos IV.

Atributos

editar
 
Miniatura da Apocalipse de Bamberg.

Como tódolos apóstolos, as imaxes de San Lucas portan túnica e palio, pero especificamente represéntaselle acompañado dun boi, con ou sen ás, animal que ás veces o substitúe. Esta imaxe procede das visións do profeta Ezequiel que ve baixar do ceo catro seres

"E o aspecto das súas caras era cara de home, e cara de león ao lado dereito dos catro, e cara de boi á esquerda nos catro; así mesmo había nos catro cara de aguia".
Ezequiel 1:10

Outros atributos que pode mostrar na imaxinaría relixiosa son tesouras ou pinzas (por ser útiles de medicina ou cirurxía). Como a tradición engade que recibiu informacións directa da Virxe María sobre a infancia de Xesús e, de feito, el é o único evanxelista que describe con certo detalle esa etapa da súa vida, chamóuselle o Evanxelista da Virxe, e atribúeselle o primeiro retrato desta. Por tal motivo tamén se lle representa portando unha táboa coa imaxe da Virxe ou, por veces, un pincel.

San Lucas en Galicia

editar

Celébrase o 18 de outubro, e é o patrón de Chantada, Mondoñedo e da Pastoriza, así como titular de da parroquia de Parada da Serra, dividida entre os concellos de Castrelo do Val e A Gudiña. As festas de san Lucas, en Mondoñedo, coñecidas simplemente como As San Lucas, naceron en 1156 como unha feira de gando cabalar e hoxe teñen gran sona en toda Galicia.

  • O que deixan a Coresma e as festas de san Lucas, dígao a Inclusa [2].

Refraneiro

editar
  • Entre san Lucas e san Xudas cóllense as uvas [3].
  • O día de san Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [4].
  • Pola semana de san Lucas, suca, boi, suca.
  • Polo san Lucas saben ben as uvas.
  • Por san Lucas bois ó arado, que enxoitos, que mollados.
  • Por san Lucas poucas son xa as uvas.
  • Por san Lucas solta bos bois, mata os porcos e tapa as cubas.
  1. Xesús Ferro Ruibal non desbota unha posible orixe a partir do grego Lukius ou do latín Lucius, en ámbolos casos co significado de luminoso ou portador da luz.
  2. Os excesos que acompañan a estas datas (o entroido e maila feira das San Lucas), poden ter como consecuencia o nacemento de fillos ilexítimos.
  3. San Xudas, 28 de outubro.
  4. Barrar ou barrear as cubas é tapar con barra (pasta feita de lama, xabre ou mesmo bosta) as fendas e tapas dos bocois para asegurar un peche hermético.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy