Lingua francoprovenzal
A lingua francoprovenzal[2] ou arpitano (arpitan ou patouès) é unha lingua románica que se fala nalgunhas partes de Francia, Italia e Suíza. A súa zona de distribución autóctona é coñecida como Arpitania.
Francoprovenzal Arpitan | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Patouès | |
Falado en: | Italia, Suíza e Francia | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | aproximadamente 77.000 | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Galoibérico Galorrománico Francoprovenzal | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Protexido en: Italia Val de Aosta | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | frp
| |
Mapa | ||
Status | ||
Ethnologue estima que o seu número de falantes rolda os 77.000. Non ten status oficial en ningún país, máis é lingua protexida en Italia, especialmente no Val de Aosta. A Unesco declarouno lingua en perigo.
Territorio
editarO territorio de fala francoprovenzal é coñecido como Arpitania, que abrangue en parte ou totalmente os seguintes estados e rexións:
- Francia
- Ródano-Alpes
- Franco Condado (na zona sur)
- Italia
- Val de Aosta
- Piemonte (nas zonas alpinas da Provincia de Turín)
- Puglia (dous enclaves na Provincia de Foggia, ao sur de Italia)
- Suíza
Comparación entre o francoprovenzal e outras linguas románicas
editarLatín | Galego | Franco-Provenzal | Francés | Catalán | Occitano | Italiano |
---|---|---|---|---|---|---|
clave(m) | chave | claf | clef / clé | clau | clau | chiave |
cantare | cantar | chantar | chanter | cantar | cantar | cantare |
capra | cabra | chiévra | chèvre | cabra | cabra | capra |
lingua | lingua | lengva | langue | llengua | lenga / lengua | lingua |
nocte(m) | noite | noit | nuit | nit | nuèit / nuèch | notte |
sapis | xabón | savon | savon | sabó | sabon | sapone |
sudare | suar | suar | suer | suar | susar | sudare |
vita | vida | vía | vie | vida | vida | vita |
pacare | pagar | payer | payer | pagar | pagar | pagare |
platea | praza | placi | place | plaça | plaça | piazza |
ecclesia | igrexa | eggleisi | église | església | glèisa | chiesa |
caseo (formaticum) | queixo | formadgeo / toma | fromage | formatge | formatge | formaggio |
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de francoprovenzal no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua francoprovenzal |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- A lingua francoprovenzal en Arpitania.eu
- Lingua franco-provenzal en Ethnologue.