Gavà
Gavà é un municipio e cidade do sur da comarca do Baix Llobregat, provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña, España.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Baix Llobregat | ||||
Capital | Sant Feliu de Llobregat | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 47.593 (2023) (1.547,24 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 37 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30,76 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 9 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Gemma Badia Cequier (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08850 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08089 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080898 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gavaciutat.cat |
Gavà debe o seu nome, segundo a versión máis estendida, a Gavius, o fundador dunha vila romana que ocupaba parte do que agora é o núcleo antigo da cidade.
Xeografía
editarGavà ten un termo privilexiado, integrado por unha zona de praia, unha zona forestal e un centro urbano. Ten unha fronte marítima de 4 quilómetros de lonxitude (cunha pineda e un sistema dunar), o Parque Natural do Garraf e un centro urbano que acolle unhas minas prehistóricas e diversos edificios históricos.
Gavà está situada a poucos quilómetros de Barcelona e do aeroporto. Ocupa un territorio de 30,90 quilómetros, onde viven máis de 45.000 habitantes, que se estende desde as praias meridionais do Delta do Llobregat ata a serra de Ponent, últimos contrafuertes do macizo do Garraf.
A cidade de Gavà (9 metros de altitude) está na chaira, baixo a serra de Les Ferreres (134 m). Limita a levante cos termos de Sant Climent de Llobregat e Viladecans (pola rúa de Riera de Sant Llorenç), a poñente co de Castelldefels e Sitges, así como co de Begues ao norte.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.825 | 5.054 | 6.860 | 24.213 | 33.456 | 39.220 | 45.190 |
Economía
editarA súa economía principal é a de servizos, seguida da industria. Aínda mantén actividade agrícola na zona denominada de Les Sorres, que se reflicte cada ano na Feira do Espárrago de Gavà, produto da terra de gran calidade.
Lugares de interese
editar- Minas prehistóricas
- Ruínas do castelo de Eramprunyà
- Ermida de Sant Miquel
- Ermida de Bruguers
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gavà |