Elaine Anderson Scott
Elaine Anderson Scott Steinbeck, nada o 14 de agosto de 1914 e finada o 27 de abril de 2003, foi unha actriz estadounidense e unha das primeiras mulleres en desempeñar o posto de "stage manager" na década dos corenta. Mentres estivo casada co actor Zachary Scott tamén recibiu o nome de Elaine Scott. Despois do seu matrimonio co escritor John Steinbeck foi coñecida como Elaine Steinbeck.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elaine Anderson 14 de agosto de 1914 Austin, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de abril de 2003 (88 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | California |
Educación | Universidade de Texas en Austin |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de teatro, actriz de cinema |
Familia | |
Cónxuxe | John Steinbeck (1950–1968) Zachary Scott (1934–1950) |
|
Traxectoria
editarNaceu en Austin, Texas en 1914, no seo dunha familia próspera cos negocios petrolíferos. Estivo interesada en actuar dende pequena e estudou drama en UTA. Na década dos corenta trasládase co seu primeiro marido a Nova York, onde comezará a traballar no teatro e a aprender os aspectos técnicos da produción teatral. Tras conseguir o divorcio de Zachary Scott, casou á semana seguinte con John Steinbeck o 28 de decembro de 1950. Permaneceron casados ata a morte de Steinbeck en 1968, actuando de voceira e abandeirada del en conferencias ó longo de todo o mundo e gardando celosamente o seu legado literario. Foi a editora da súa correspondencia baixo o título de A Life in Letters (Steinbeck, John, Ed. Elaine Steinbeck e Robert Wallsten (1975). Steinbeck: A Life in Letters, Viking: University of California Press). Tivo unha filla con Scott, Waverly Scott.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vida e obra (en inglés)
- Obituario (en inglés)