Confederación Xeral do Traballo
A Confederación Xeral do Traballo de España, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).
Confederación Xeral do Traballo (CXT) | |
---|---|
Sindicato de España | |
Líder | Jacinto Ceacero |
Fundación | 1979 |
Sede | C/Sagunto, 15, 1º. 28010 Madrid España |
Ideoloxía | Anarcosindicalismo Sindicalismo revolucionario |
Filiación internacional | Solidaridad Internacional Libertaria Coordinadora Roja e Negra |
Afiliados | 60.000 |
Delegados sindicais | 5.000 |
www.cgt.es |
Traxectoria
editarÉ a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira[Cómpre referencia]. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5 000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60 000 afiliados e máis dun millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.
A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas mobilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Confederación Xeral do Traballo
- Confederación Xeral do Traballo da Galiza
- Periódico Rojo y Negro, publicación dixital anarcosindicalista. Órgano de expresión da CXT.
- Publicación anarcosindicalista da CXT da Cataluña Arquivado 29 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en catalán)