Auguste Comte

filósofo francés

Isidore Marie Auguste François Xavier Comte, coñecido como Auguste Comte, nado en Montpellier o 19 de xaneiro de 1798 e finado en París o 5 de setembro de 1857, foi un pensador francés, considerado creador do positivismo e da disciplina da socioloxía, aínda que hai correntes sociolóxicas que só lle atribúen o pórlle o nome.

Modelo:BiografíaAuguste Comte

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Isidore Marie Auguste François Xavier Comte Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Isidore Marie Auguste François Xavier Comte. Editar o valor en Wikidata
19 de xaneiro de 1798 Editar o valor en Wikidata
Montpellier (Primeira República Francesa) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1857 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
París (Segundo Imperio Francés) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 17 48°51′35″N 2°23′39″L / 48.859749, 2.39429
Grave of Auguste Comte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo agnóstico Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Politécnica (1814–1816)
Lycée Joffre (en) Traducir (1807–1814) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e socioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, matemático, sociólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoPositivismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDaniel Encontre (pt) Traducir, Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon, Louis Poinsot (pt) Traducir, Augustin Louis Cauchy, Jean Nicolas Pierre Hachette (pt) Traducir, Francesc Aragó, Louis Jacques Thénard (pt) Traducir e Alexis Thérèse Petit (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFabien Magnin (en) Traducir, Pierre Laffitte (pt) Traducir, Richard Congreve (pt) Traducir e Eugène Sémérie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoMaximilien Marie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeCaroline Massin (1825–1842) Editar o valor en Wikidata
NaiRosalie Boyer Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Конт Огюст)
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX868920 WikiTree: Comte-40 Find a Grave: 7769 Editar o valor en Wikidata
Augusto Comte

Legado

editar

Comte viu dúas leis universais na actividade de todas as ciencias, a "Lei dos tres estadios" e a "Lei enciclopédica". Combinando estas leis, Comte desenvolveu unha clasificación sistemática e xerárquica de todas as ciencias, inclusive a física inorgánica (astronomía, xeoloxía e química) e a física orgánica (bioloxía) e, por primeira vez, a física social posteriormente renomeada "socioloxía".

Esta idea dunha ciencia especial centrada no social foi prominente no século XIX e non unicamente para Comte. A ambición -algúns dirían grandiosidade- coa que Comte a concibiu foi, con todo, extraordinaria.

Comte viu esta nova ciencia, a socioloxía, como a última e a máis grande de todas a ciencias, unha ciencia que incluiría todas as ciencias as cales integrarían e relacionarían os seus achados nun todo cohesionado.

Aínda que foi influente durante a súa vida e durante algún tempo despois, o traballo de Comte caeu rapidamente no descrédito. Comte acuño o termo "socioloxía" e considéraselle o primeiro sociólogo moderno. A súa énfase na interconectividade dos elementos sociais converteuno nun precursor do funcionalismo moderno. No entanto, con poucas excepcións, o seu traballo considérase hoxe en día excéntrico e acientífico, e a súa gran visión da socioloxía como a raíña de todas as ciencias nunca chegou a callar.

O pensamento de A. Comte

editar

A filosofía de Comte entronca coa revolta moderna contra os antigos que iniciou Francis Bacon e estendeu L'encyclopédie francesa e que consistiu, a grandes liñas, na asunción da razón e a ciencia como únicas guías da humanidade capaces de instaurar a orde social sen apelar a escurantismos teolóxicos ou metafísicos.

A evidente intención de reforma social da súa filosofía adhírese, con todo, a unha postura conservadora e contrarrevolucionaria en claro enfrontamento coas propostas ilustradas de Voltaire e Rousseau.

Tomando como contexto a Revolución Francesa, Comte acusa a estes dous autores de xerar utopías metafísicas irresponsables e incapaces de outorgar unha orde social e moral á humanidade.

Os problemas sociais e morais han de ser analizados desde unha perspectiva científica positiva que se fundamente na observación empírica dos fenómenos e que permita descubrir e explicar o comportamento das cousas en termos de leis universais susceptibles de ser utilizadas en proveito da humanidade.

Comte afirma que unicamente a ciencia positiva ou positivismo poderá achar as leis que gobernan non só a natureza, senón a nosa propia historia social, entendida como a sucesión e o progreso de determinados momentos históricos chamados estados sociais.

A lei dos tres estados e a idea de progreso

editar

A humanidade no seu conxunto e o individuo como parte constitutiva, está determinado a pasar por tres estados sociais diferentes que se corresponden con distintos graos de desenvolvemento intelectual: o estado teolóxico ou ficticio, o estado metafísico ou abstracto e o estado científico ou positivo.

Este tránsito dun estado a outro constitúe unha lei do progreso da sociedade, necesaria e universal porque emana da natureza propia do espírito humano. Segundo a devandita lei, no estado teolóxico o home busca as causas últimas e explicativas da natureza en forzas sobrenaturais ou divinas, primeiro a través do fetichismo e, máis tarde, do politeísmo e o monoteísmo. A este tipo de coñecementos correspóndelle unha sociedade de tipo militar sustentada nas ideas de autoridade e xerarquía.

No estado metafísico cuestiónase a racionalidade teolóxica e o sobrenatural é substituído por entidades abstractas radicadas nas cousas mesmas (formas, esencias etc.) que explican o seu por que e determinan a súa natureza. A sociedade dos legistas é propia este estado que é considerado por Comte como unha época de tránsito entre a infancia do espírito e a súa madurez, correspondente xa ao estado positivo. Neste estado o home non busca saber que son as cousas, senón que mediante a experiencia e a observación trata de explicar como se comportan, describíndoas fenomenicamente e intentando deducir as súas leis xerais, útiles para prever, controlar e dominar a natureza (e a sociedade) en proveito da humanidade. A este estado de coñecementos correspóndelle a sociedade industrial, capitaneada por científicos e sabios expertos que asegurarán a orde social.

Características da filosofía positiva

editar

A filosofía positiva como tipo de coñecemento propio do último estado da sociedade, defínese por oposición á filosofía negativa e crítica de Rousseau e Voltaire á que Comte atribúe os males da anarquía e a inseguridade social que caracterizan ao período post-revolucionario.

O termo positivo fai referencia ao real, é dicir, o fenoménico dado ao suxeito. O real oponse a todo tipo de esencialismo, refugando a procura de propiedades ocultas características dos primeiros estados.

O positivo ten como características o ser útil, certo, preciso, construtivo e relativo (non relativista) no sentido de non aceptar ningún absoluto.

Obras principais

editar
  • Cours de Philosophie Positive (Curso de Filosofía Positiva) - 1842 (en 6 volumes)
  • Système de Politique Positive (Sistema de Política Positiva) - 1851 (en 4 volumes)
  • Discurso sobre o espírito positivo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy