Agatías de Mírina

poeta grego

Agatías Escolástico (en grego bizantino: Ἀγαθίας Σχολαστικός, en latín: Agathias Scholasticus, nado en Mírina cara ao 536 e finado en Constantinopla cara ao 582, foi un poeta e historiador bizantino, fonte principal para parte do reinado de Xustiniano I (527-565).

Modelo:BiografíaAgatías de Mírina
Nome orixinal(grc) Άγαθίας σχολαστικός Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento536 Editar o valor en Wikidata
Myrina, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte579 ↔ 582 Editar o valor en Wikidata (1487/1488 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, poeta, epigramatista, avogado, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VI Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX821474

Traxectoria

editar

Naceu nunha cidade eolia da Asia Menor occidental. Estudou dereito en Alexandría, para volver despois a Constantinopla no 554 para rematar a súa instrución e practicar como avogado (scholasticus) nos tribunais. Malia isto a súa ambición era a literatura.

Escribiu un gran número de poemas breves de amor en metro épico, titulados Δαφνιακά Daphniaca, e algunhas notas marxinais ao da Periéxese de Pausanias. Ocupouse da reedición da Antoloxía Palatina, na que se conteñen un cento dos seus epigramas, e recolleu unha antoloxía de poetas anteriores e contemporáneos, entre eles os seus, co nome de Κύκλος τῶν νέων ἐπιγραμμάτων Ciclo de novos epigramas.

Tras a morte de Xustiniano I en 565, algúns dos amigos de Agatías convencérono para escribir unha historia dos seus tempos. Esta obra en cinco libros, Περί τῆς Ἰουστινιανοῦ βασιλείας Sobre o reinado de Xustiniano, continúa a historia de Procopio de Cesarea, do que imita o estilo, e constitúe a principal fonte para o período 552-558. Os argumentos centrais da obra son as guerras nas que combateu o exército bizantino, ás ordes de Narsés, contra godos, vándalos, francos e sasánidas. Agatías é a única fonte[1] que fala do peche da Academia neoplatónica de Atenas, ordenada por Xustiniano en 529, feito que a miúdo se usa como fin da Antigüidade. Os estudosos dispersos levaron con eles cantos volumes da biblioteca puideron e dirixíronse á capital sasánida de Ctesifonte, para despois volveren, tras un tratado que garantía a súa seguridade e que é un dos fitos da historia da liberdade de pensamento, a Edesa, onde un século máis tarde as forzas do islam se atoparon coa cultura grega.

A súa obra constitúe tamén unha fonte importante sobre a historia do Irán preislámico, servindo de base para o Shahnameh de Ferdowsi e para a Historia de Tabari.

Edicións da súa obra

editar
  • Bonaventura Vulcanius (1594).
  • Barthold G. Niebuhr, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae, Bonn, 1828.
  • Jacques Paul Migne, Patrologia Graeca, vol. 88, París, 1860, col. 1248-1608 (baseado na edición de Niebuhr).
  • Dindorf, Historici Graeci Minores, vol. II, Leipzig, (1871), pp. 132–453.
  • Rudolf Keydell, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque in Corpus Fontium Historiae Byzantinae, vol. 2, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1967.
  • Salvatore Costanza, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque, Università degli Studi, Messina, 1969.
  • Joseph D. Frendo, Agathias: The Histories in Corpus Fontium Historiae Byzantinae (traduzione con introduzione e breve testo esplicativo), vol. 2A, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1975.
  1. II.31.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Averil Cameron, "Agathias on the Sasanians" in Dumbarton Oaks Papers, 23 (1969) pp 67–183.
  • Averil Cameron, Agathias Oxford: Clarendon Press, 1970. ISBN 0-19-814352-4.
  • Anthony Kaldellis, "Things are not what they are: Agathias Mythistoricus and the last laugh of Classical " in Classical Quarterly, 53 (2003) pp 295–300.
  • Kaldellis, "The Historical and Religious Views of Agathias: A Reinterpretation," in Byzantion. Revue internationale des etudes byzantines, 69 (1999) pp 206–252.
  • Kaldellis, "Agathias on history and poetry," in Greek, Roman and Byzantine Studies, 38 (1997), pp 295–306
  • W. S. Teuffel, "Agathias von Myrine", Philologus (1846)
  • K. Krumbacher, Geschichte der byzantinischen Litteratur (2ª ed. 1897).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy