A Gudiña
A Gudiña (do antropónimo xermánico Gotina)[1] é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 308 habitantes (1 625 en 2004, 1 651 en 2003). O xentilicio é «gudiñao/á».[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | A Gudiña | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.180 (2023) (6,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 171,4 km² | ||||
Altitude | 974 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Gudiña | Néstor Ogando Blanco (2023–) | ||||
Eleccións municipais na Gudiña | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32540 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32034 | ||||
Xeografía
editarO concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.
Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.
Pola Gudiña pasa, pola rúa Maior, a Vía da Prata do Camiño de Santiago. Ao carón da igrexa de San Martiño, a vía divídese na variante sur, por Verín, e na variante norte, por Laza, denominada Camiño Antigo ou Verea dos Galegos.[3]
Historia
editarNo concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, como as mámoas da Cabeza do Cichón, preto de onde se atopou en 1992 o menhir do Tameirón,[4] ou a mámoa do Val da Lagoa;[5] así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.
O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.
O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.
A igrexa de San Martiño, construída entre os séculos XVII e XVIII, presenta dous escudos, moi erosionados, do Conde de Monterrei.[6]
O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.
En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[7] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa, ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.
Demografía
editarCenso total | 1308 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 86 (6.57 %) |
Entre 15 e 64 anos | 776 (59.33 %) |
Maiores de 65 anos | 446 (34.1 %) |
Evolución da poboación de A Gudiña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2697 | 2465 | 2275 | 2605 | 1625 | 1562 | 1.554 | 1.506 | 1.508 | 1.461 | 1.392 | 1.345 | 1.360 | 1.308 | 1254 | 1236 | 1,232 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
editarToponimia
editarTopónimo derivado do antropónimo xermánico Gotina.[8]
Irmandamentos
editarO concello da Gudiña está irmandado co de Puebla de Zaragoza (México), anteriormente chamado Puebla de los Ángeles[9], onde faleceu o misioneiro gudiñao Sebastián de Aparicio.
A Gudiña na literatura popular
editar- O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [10].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da Gudiña.
-
Igrexa da Gudiña.
-
Estatua do beato Sebastián de Aparicio.
-
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso.
-
Vista da estrada nacional.
-
Lardeiro no Tameirón.
Parroquias
editar
Lugares da Gudiña
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.
Notas
editar- ↑ Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (22/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Gudiña (Youtube).
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "A Gudiña". turismo.gal. Consultado o 2024.
- ↑ "Estatua-menhir do Tameirón. A Gudiña, Ourense". dolmensedemaisfamilia.blogspot.com. Consultado o 2024.
- ↑ "A GUDIÑA". onosopatrimonio.blogspot.com. Consultado o 2024.
- ↑ "‘A Gudiña’, las tierras del beato Sebastián de Aparicio". cronicasdelaemigracion.com. Consultado o 2024.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015.
- ↑ Real Academia Galega (Vicente Feijoo) (22/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: A Gudiña (Youtube).
- ↑ González Palau, D. (2010). Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local. IGADI. p. 118. ISBN 978-84-613-8468-6.
- ↑ Lorenzo Fernández, X. (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. p. 117.. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Gudiña |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Vicente Feijoo en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 25.11.2021)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |