Marrocos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Marrocos[1] (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Marrocos.
- 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
- 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
- 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.
O Protectorado Francés
[editar | editar a fonte]- 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
- 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
- 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
- 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
- 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.
Primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]- 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.
Sáhara occidental
[editar | editar a fonte]Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.
Política
[editar | editar a fonte]Marrocos é unha monarquía parlamentaria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Marrocos.
Cultura
[editar | editar a fonte]Linguas
[editar | editar a fonte]O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.
A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.
As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.
A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marroquí.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marrocos |