Casa de Bonaparte
De orixe italianao, a casa de Bonaparte, dinastía Bonaparte, familia Bonaparte ou casa Imperial de Francia (orixinalmente Buonaparte) son todos os descendentes de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino, pais do emperador francés Napoleón Bonaparte, que foi elixido primeiro cónsul de Francia o 10 de novembro de 1799 coa axuda de seu irmán Luciano Bonaparte, presidente do Consello dos Cincocentos en Saint-Cloud. Napoleón I coroouse a si mesmo emperador dos franceses en 1804, e gobernou o imperio até 1815.
Casa de Boparte Maison Bonaparte Famiglia Bonaparte o Buonaparte | |
---|---|
Títulos | Emperador dos franceses Rei de Italia Rei de Holanda Rei de Nápoles e Sicilia Rei de España e das Indias Rei de Westfalia Gran Duquesa de Toscana Raíña de Etruria Protector da Confederación do Rin Mediador da Confederación suíza Copríncipe de Andorra Príncipe da illa de Elba Princesa de Lucca e Piombino Duquesa de Massa e Princesa de Carrara Duquesa de Guastalla Rei de Roma |
Fundador | Napoleón I |
Último gobernante | Napoleón III |
Fundación | 1804 |
Destitución | Terceira República Francesa (1870) |
A familia Bonaparte tamén tivo reis en España, Holanda, Nápoles, Westfalia e un segundo emperador dos franceses, Napoleón III. As persoas que apoiaban o reinado dos Bonaparte foron chamados bonapartistas.
Historia
editarA familia, formalmente coñecida como Buonaparte (equivalente a "bo partido"), formaba parte da pequena nobreza italiana, proveniente da Toscana e de orixe lombarda, e situada na Lunixgiana (territorio histórico de Italia situado entre o norte da Toscana e a Liguria ao longo do río Magra, nas actuais provincias de La Spezia e Massa-Carrara).
De aí a familia trasladouse a Florencia onde se dividiu en dúas: a orixinal, Buonaparte-Sarzana, quedou asentada en Florencia, e a rama de Francesco Buonaparte trasladouse a Córsega no século XVI, cando a illa era posesión da República de Xénova.
O escudo de armas orixinal dos Buonaparte é en campo de goles, unha dupla barra de ouro acompañada no alto e no baixo dunha estrela de cinco puntas do mesmo metal. Dito escudo presentábase adornado de casco e lambrequín de goles e ouro. En 1804, Napoleón cambiou o escudo de armas dos Buonaparte polo escudo de armas imperial Bonaparte. O cambio aplicouse a todos os Bonaparte, a excepción de Luciano Bonaparte.
Seguindo a súa conquista en Europa occidental, Napoleón Bonaparte coroou o seu irmán máis vello Xosé Bonaparte (1768–1844) primeiramente rei de Nápoles (1806–1808) e despois rei de España (1808–1813); tamén nomeou o seu terceiro irmán Lois (1784–1860) rei de Westfalia (1807–1813), unha pequena rexión do norte de Alemaña (hoxe parte do Land Renania do Norte-Westfalia).
O fillo de Napoleón, Napoleón Francisco Xosé Carlos Bonaparte (1811–1832), foi feito rei de Roma (1811–1814), e proclamado emperador como Napoleón II o 22 de xuño de 1815, tras a abdicación de seu pai como consecuencia da derrota na batalla de Waterloo, deixando de selo o día 7 de xullo do mesmo ano, coa entrada dos aliados e os partidarios de Lois XVIII en París.[1]
Carlos Luís Napoleón Bonaparte (1808–1873), fillo de Lois Bonaparte, foi presidente da Segunda República Francesa de 1848 a 1852, e emperador de 1852 a 1870 co nome de Napoleón III; seu fillo, Eugène Bonaparte (1856–1879) tamén chamado o príncipe imperial, morreu combatendo os zulús en Natal, Suráfrica. Coa súa morte, a casa de Bonaparte perdeu a maior parte da súa influencia política.
A pesar da súa orixe humilde, é considerada hoxe en día como unha das dinastías máis influentes e poderosas da historia moderna, chegando a gobernar nas tres cuartas partes da Europa centro-occidental e a exercer unha inmensa influencia sobre o desenvolvemento da historia militar e política contemporánea.
Lista de soberanos da familia
editarEmperadores dos franceses
editarNapoleón I
editar- Artigo principal: Napoleón Bonaparte.
Napoleón II
editar- Artigo principal: Napoleón II de Francia.
Napoleón III
editar- Artigo principal: Napoleón III de Francia.
Reis de Holanda
editarLois I
editar- Artigo principal: Lois Bonaparte.
Lois II
editarRei de Nápoles e de España
editarXosé I
editar- Artigo principal: Xosé I Bonaparte.
Rei de Westfalia
editarXerónimo I
editar- Artigo principal: Xerónimo Bonaparte.
Princesa de Lucca e Piombino
editarElisa Bonaparte (1805-1814), en Lucca, e (1805-1808) en Piombino
Duquesa de Massa e Princesa de Carrara
editarElisa Bonaparte (1806-1814)
Gran Duquesa de Toscana
editarElisa I
editarElisa Bonaparte (1809-1814)
Duquesa de Guastalla
editarPaulina Bonaparte (1806)
Véxase tamén
editar- Artigo principal: Joachim Murat.
Os Bonaparte no século XXI
editarAgora que os Bonaparte non cinguen coroa, Francia é unha república semipresidencialista con territorios en América, África, Oceanía e a propia Europa como a súa parte metropolitanaa. A casa de Bonaparte constitúe unha familia nobre cuxo bo número de membros se están a dedicar á política democrática.
Á vez, a casa de Bonaparte participa en campañas de filantropía e beneficencia. Por outro lado, os bonapartistas seguen aspirando ao restablecemento da coroa napoleónica. O herdeiro actual de Napoleón Bonaparte é Xoán Cristovo Bonaparte, dedicado ao mundo das finanzas.
Xenealoxía
editarCarlo Buonaparte │ ├──> Xosé Bonaparte (1768-1844) │ └──> Xulia Xosefina Bonaparte (1796-1796) │ └──> Zénaïde Laetitia Julie Bonaparte (1801-1854) │ └──> Charlote Napoléone Bonaparte (1802-1839) ├──> Napoleón Bonaparte │ └──>Napoleón II ├──> Luciano Bonaparte │ └──>2 fillas coa súa primeira esposa, Katherina Boyer │ └──>10 fillos coa súa segunda esposa, Alexandrine von Bleschamps, entre eles: │ └──>Pierre Napoleon Bonaparte │ └──>Louis Lucien Bonaparte │ └──>Charles Lucien Bonaparte ├──> Elisa Bonaparte (1777-1820) │ └──>5 fillos ├──> Lois Bonaparte, Rei de Holanda. │ └──> Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807) │ └──> Napoleón Lois Bonaparte (1804-1831) │ └──> Napoleón III (1832-1870) │ │ └──> Napoleón IV (1870-1879) │ └──> Eugène Bonaparte (1856-1879) ├──> Paulina Bonaparte (1780-1825) ├──> Carolina Bonaparte (1782-1839) └──> Xerónimo Bonaparte (1784-1860) ├──> 1 fillo con Elizabeth Patterson Bonaparte. │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte │ ├──> Carlos Xosé Bonaparte (1851-1921) │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte II (1830-1893) │ ├──> Louise-Eugénie Bonaparte (1873-1923) │ └──> Xerónimo Napoleón Carlos Bonaparte (1878-1945) └──> 3 fillos coa súa segunda esposa, Catarina de Württemberg, incluíndo a: └──>Napoleón Xosé Carlos Paulo Bonaparte └──> Napoleón Vítor Bonaparte (Napoleón V Vitor)(1862-1926) └──> Luís Napoleón Bonaparte (Napoleón VI Luís)(1914-1997) └──> Carlos Napoleón Bonaparte (*1950) └──> Xoán Cristovo Bonaparte (Napoleón VII Xoán)(*1986) └──> André Napoleón Bonaparte (Napoleón VIII André)(*1997)
Galería de imaxes
editarRetratos
editar-
Napoleón II no colo da súa nai María Luísa de Habsburgo
-
Xosé Bonaparte, rei de España (1808-1813)
-
Luís I de Holanda (1778–1846)
-
Carolina Bonaparte, raíña consorte de Nápoles (1808–1815)
-
Xerónimo Bonaparte, rei de Westfalia
-
Elisa Bonaparte, raíña de Etruria e gran duquesa de Toscana
-
Paulina Bonaparte, duquesa de Guastalla
-
Napoleón III, emperador dos franceses
Armas
editar-
Armas da familia Buonaparte de San Miniato
-
Armas da familia Buonaparte de San Miniato
-
Armas da familia Buonaparte de San Miniato
-
Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santa Maria Novella)
-
Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santo Spirito)
-
Armas da familia Buonaparte antes de Napoleón
-
Armas de Luciano Bonaparte
-
Armas do Reino de Italia (1805-1814)
-
Armas do Reino de Elba (1814-1815)
-
Armas imperiais de Napoleón III de Francia
Notas
editar- ↑ Félix Wouters (1849): [1] Histoire de la République et de l'Empire (1789.1815) Bruxelles: Ve Wouters.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Bonaparte |
Bibliografía
editar- Marie-Nicolas Bouillet et Alexis Chassang (dir.) (1878): "Bonaparte (les)", en Dictionnaire universel d'histoire et de géographie. (Wikisource en francés).
- Félix Wouters (1849): Histoire de la famille Bonaparte depuis mil huit cent quinze jusqu'a ce jour. París: Librairie Ethnographique.
- Joseph-Marie Quérard (1845): Les Bonaparte et leurs œuvres littéraires. Essai historique et bibliographique contenant la généalogie de la famille Bonaparte París: Ed. Daguin.
- Jean-Charles Volkmann (2001): La généalogie des Bonaparte. París: Ed. Jean-Paul Gisserot. ISBN 978-2-87747-586-0.
- Federico Galantini (2004): Napoléon et Sarzane, Les origines italiennes des Bonaparte. París: Éd. Michel de Maule. ISBN 978-2-8762-3149-8.
- François Demartini e Antoine Marie Graziani (2001): Les Bonaparte en Corse. Ajaccio, Corse, France: Éd. Alain Piazzola. ISBN 978-2-9071-6159-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Genealogy of the Bonaparte Family Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Web oficial da Société Napoléonienne Internationale / International Napoleonic Society (en francés), (en inglés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Museo Napoleónico de RomaArquivado 10 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- "La captivité, la maladie, la mort, et les médecins autour de Napoléon" Arquivado 21 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en L'AUTRE SAINTE-HÉLÈNE (en francés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Marco Jorio: "Bonaparte en Dictionnaire historique de la Suisse en liña. Consultada o 11 de outubro de 2016.
- "La voz Napoleónica del Mundo Hispánico. Presencia, Legado & Tradición"Arquivado 23 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do Instituto Napoleónico México-Francia (en castelán). Consultada o 11 de outubro de 2016.