Saltar ao contido

Xabier Ron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xabier Ron Fernández»)
Infotaula de personaXabier Ron

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6133146 Dialnet: 548093

Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 16 de febreiro de 1969,[1] é un profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Francia, fillo de emigrantes, e regresou a Galiza, licenciándose en Filoloxía Románica pola USC. Dende 2016, traballa como docente de lingua francesa no IES de Ames.[1] É especialista na lírica dos trobadores románicos, sobre todo do cancioneiro galego-portugués, dos que versou a súa tese de doutoramento defendida en 2016 e titulada "Fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións".[1]

É militante do Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais e coordinador comarcal en Compostela. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.

Foi elixido candidato á alcaldía por Esquerda Unida Compostela nas eleccións municipais de 2007 e 2011[2], e cabeza de lista pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2008. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012 por Alternativa Galega de Esquerda.

Tradución

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Curriculum Vitae". usc-es.academia.edu. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  2. "IU elixe a Xavier Ron candidato á Alcaldía de Compostela" Arquivado 13 de outubro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 10 de outubro de 2010.
  3. Ficha da obra Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
  4. Editorial Hugin e Munin (ed.). ""Morte en Arán" na Editorial Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy