Content-Length: 90707 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Presbiterio

Presbiterio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Presbiterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación esquemática da planta dunha catedral onde se resalta o presbiterio.

O presbiterio é o espazo que nun templo ou catedral católicos, precede ao altar maior. Estaba, ata o Concilio Vaticano II, reservado ao clero e pode quedar separado da nave central por bancadas, escalinatas ou un enreixado. Adoita ser o lugar destinado ao coro, aínda que non ten porque selo necesariamente.

Nos estilos románico e gótico, é o tramo de nave que une a capela absidal coa nave ou o cruceiro, o que adoita coincidir coa definición anterior. O arco que separa o presbiterio da nave ou do cruceiro, sobre todo no primeiro estilo, coñécese como arco triunfal e adoita presentar os capiteis de decoración máis coidada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Presbiterio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy