Content-Length: 94581 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Belle_%C3%89poque

Belle Époque - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Belle Époque

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Póster francés de 1894 de Jules Chéret que amosa o espírito vibrante da Belle Époque.

A Belle Époque (en francés "Época Bela") foi un período da historia de Europa occidental. Adóitase datar entre a fin da Guerra franco-prusiana en 1871 e o comezo da primeira guerra mundial en 1914. Coincidindo coa Terceira República Francesa (comezos de 1870), foi un período caracterizado polo optimismo, a paz rexional, a prosperidade económica e as innovacións tecnolóxicas, científicas e culturais. Tamén foi unha boa época para as artes, especialmente en París. Moitas obras mestras da literatura, a música, o teatro e as artes visuais gañaron recoñecemento. A Belle Époque foi nomeada así cando comezou a ser considerada como unha idade de ouro en contraste cos horrores da primeira guerra mundial.

Nos Estados Unidos de América, emerxentes dende o Pánico de 1873, viviuse unha época semellante que foi denominada como a Gilded Age.[1] No Reino Unido, a Belle Époque coincidiu coa Época Vitoriana e a Era eduardiana.

  1. O termo americano "Gilded Age" foi empregado por Mark Twain e Charles Dudley Warner no seu libro, The Gilded Age: A Tale of Today (1873).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Belle_%C3%89poque

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy