Content-Length: 149634 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Galerio

Galerio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Galerio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGalerio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Galerius Valerius Maximianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Galerius Maximinus Editar o valor en Wikidata
250 Editar o valor en Wikidata
Dacia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 311 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Serdica (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte morrida Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSofía Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
1 de maio de 305 (Gregoriano) – maio de 311 (Gregoriano)
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolíticco , gobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGaleria Valeria
FillosValeria Maximila (pt) Traducir, Candidianus (en) Traducir, Maximino Daia, fillo adoptivo Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido e Diocleciano Editar o valor en Wikidata  e Romula (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsGaleria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesMaximino Daia (fillo da irmá) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1026098 WikiTree: Maximianus-1 Find a Grave: 35827724 Editar o valor en Wikidata
Follis da ceca de Tesalónica coa imaxe de Galerio.

Caius Valerius Galerius Maximianus, nado en Serdica (actual Sofía, daquela na provincia de Moesia Superior) arredor do ano 260 e finado na mesma vila en abril ou maio do ano 311, foi un emperador do Imperio Romano, máis coñecido como Galerio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dunha humilde familia, adiccouse na súa xuventude a coidar gando, o que lle valeu o alcuño de Armentarius. A súa educación militar levouno a realizar unha brillante carreira militar baixo os emperadores Aureliano e Probo. Fillo adoptivo de Diocleciano, quen o nomeou César durante a Tretarquía no 293, casando ao mesmo tempo con Valeria, filla natural de Diocleciano. Recibiu para gobernar todos os Balcáns, excepto a Tracia.

Tanto o Augusto como o César dedicaron os seus esforzos a poñer paz nos territorios orientais, emprendendo a guerra contra os persas que ocuparan Armenia e Mesopotamia. Nun primeiro momento, Galerio foi derrotado polos persas, pero na segunda campaña derrotounos de tal xeito que chegou a recuperar todos os territorios e conseguiu a firma dunha paz que durou corenta anos.

No 303, Galerio instou a Diocleciano á persecución dos cristiáns, que se negaban a aceptar o culto ao emperador, un dos piares da recuperación política. Empréndese entón, especialmente na parte oriental do Imperio, a derradeira persecución contra a igrexa e a cristiandade, xa que foron derrubados templos e igrexas, perseguidos e martirizados moitísimos cristiáns. Foron expulsados do exército e de todos os cargos públiccos, queimáronse libros sagrados e cando había algunha liorta, todo se resolvía matando algúns deles, xa que tiñan a culpa de todo. Posibelmente foi a persecución máis cruenta da historia do imperio.

Como Augusto

[editar | editar a fonte]

No ano 305, Diocleciano abdiccou como prometera e obrigou a facer o mesmo a Maximiano no occidente. Galerio convértese en emperador da parte oriental do Imperio.

Pero tomando ao seu cargo o mesmo papel que desempeñara Diocleciano, el nomea os césares das dúas partes do Imperio. Os elixidos foron Flavio Valerio Severo para Occidente e Valerio Maximiano Daia para Oriente. Estes nomeamentos non sentaron ben en Occidente, xa que o augustus desa parte, Constancio I Cloro, tiña a intención de nomear o seu fillo Constantino e Maximiano coidaba que Maxencio, o seu fillo, tamén tiña dereitos sobor do trono occidental. A crise estaba servida.

O primeiro en actuar foi Maxencio, que se autoproclamou augustus en Roma, e chamou ao seu carón o seu pai, quen non tardou en secundar os planos do seu fillo. Galerio envía a sufocar esta rebelión a Severo II, que foi vencido e feito prisioneiro en Rávena. Levado a Roma e condenado a morte.

Mentres isto ocorría, Constancio estaba ocupado nunha campaña contra os pictos en Britania. Pero morre en Eboracum (York) no 306. Seu fillo Constantino vai cara a Britania, onde é elixido Augustus polas lexións.

Galerio atópase de súpeto cun grave problema. Tenta resolvelo invadindo Italia para rematar con Maxencio e Maximiano, pero é rexeitado e vai cara a Panonia. Diocleciano, dende o seu retiro tenta de arbitrar a situación, pero non ten moito éxito. No ano 308, xúntanse en Carnotum (Panonia) para arranxar a crise. Constantino é degradado a César, Maxencio é posto fóra da lei coma inimigo públicco, Licinio é nomeado Augustus para reconquistar Italia e o Norte de África, mentres que en Oriente as cousas seguen igual que antes. Pero eran feridas que se pechaban en falso, xa que a elección de Licinio coma augustus sen pasar polo cargo de César non foi ben aceptada nin por Constantino nin por Maximiano, quen pouco despois tentaba de loitar contra o seu xenro con pouca sorte, xa que foi obrigado a se suicidar.

No ano 311, Galerio morre de morte natural. Pouco antes de morrer fai públicco un edicto de tolerancia para os cristiáns, emitido en Serdica, permitindo a reconstrucións das igrexas e o culto. Tal troco na súa actitude crese que foi debido á terrible enfermidade (posiblemente cancro) que o levou a pedir axuda ao Deus dos cristiáns.

Imperio Romano

Segue a:
Constancio I Cloro
Galerio
Precede a:
Flavio Severo
Tetrarquia








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Galerio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy