Content-Length: 107517 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Fraude

Fraude - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Fraude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha fraude é unha acción ilícita na que unha persoa ou organización engana adrede a outra co obxectivo obter algún tipo de beneficio, normalmente económicco. Nela o enganado termina prexudicado. Este termo tamén é usado para referirse a algo de mala calidade.[1] Algúns tipos de fraudes son ilegais, nese caso son chamados fraudes de lei.[2]

Algúns tipos de fraude

[editar | editar a fonte]

Publicidade enganosa

[editar | editar a fonte]
Exemplo simulado de publicidade enganosa. O produto di:" Verdadeiramente asombroso! Funciona en minutos! Garantido!"
Véxase tamén: Publicidade subliminar.

A publicidade enganosa convence ao que a ve de que o seu produto é máis resistente, cómodo, útil, etc. do que é na realidade.[3]

Corrupción

[editar | editar a fonte]
Índice de corrupción no mundo. As cores máis vermellas indican máis corrupción. Pódese observar que España é un dos países máis corruptos da Unión Europea.
Artigo principal: Corrupción.

A corrupción consiste nun abuso de poder para conseguir diñeiro ilegalmente en prexuízo doutros.[4] Os prexudicados son o resto de persoas da organización ou país. Esta acción ten pena de prisión segundo o código penal.[5]

Falsificación

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Falsificación.

A falsificación consiste en facer unha réplica barata dun obxecto xeralmente de gran valor e vendelo facendo crer que é o orixinal,[6] aínda que nalgúns casos cómpranse estas réplicas sabendo que son falsas e cun prezo máis baixo ca o do obxecto orixinal para presumir.

Diferenza con "engano"

[editar | editar a fonte]

Un engano refírese a unha mentira, polo que non ten que afectar ao enganado nin ten que estar relacionado con motivos económiccos.[7]

  1. "Definición de fraude". Real Academia Galega. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  2. "Definición de fraude". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  3. "Publicidad engañosa". OCU (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  4. "Definición de corrupción". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  5. "Los delitos de corrupción tras la reforma del Código Penal por LO 1/2015". El Derecho (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  6. "Definición de falsificar". Digalego. Consultado o 30 de xuño do 2020. 
  7. "Definición de engano". Digalego. Consultado o 30 de xuño de 2020. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Fraude

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy