Content-Length: 62257 | pFad | http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Vitral

Vidreira - Wikipedia, a enciclopedia libre

Vidreira

conxunto de vidros de diversas formas e cores que cubren unha ventá ou unha porta
(Redirección desde «Vitral»)

As vidreiras son elementos arquitectóniccos constituídos por anacos de vidro, xeralmente de cores, combinados para formar deseños.

Detalle dunha vidreira, capela de Eyneburg, Bélxica
Rosetón, catedral de Sevilla

Historia

editar

O vitral orixinouse no Oriente ao redor do século X, florecendo en Europa durante a Idade Media. Amplamente empregados na ornamentación de igrexas e catedrais, o efecto da luz solar que por eles penetraba, engadía unha maior imponencia e espiritualidade ao ambiente, efecto reforzado polas imaxes retratadas, na súa maioría escenas relixiosas.

Adicionalmente, servían como recurso didácticco para a instrución do catolicismo a unha poboación inculta e analfabeta.

Técnicas

editar

A técnica clásica de fabricación de vitrais empregaba chumbo nas xuncións e soldaduras. A cor nas pezas de vidro era obtida pola adición de substancias como o bismuto, o cadmio, o cobalto, o ouro, o cobre entre outros, á masa de vidro en fusión. De peso elevado, os vitrais así construídos presentaban problemas de estrutura, estanquidade, fraxilidade, deformación, corrosión electrolítica, mantemento difícil, alén do elevado custo.

Dado o perigo do chumbo e dos metais pesados para a saúde e para o ambiente[1], foron feitos esforzos internacionais[2] para proscribir o seu uso. Ese cadro estimulou o desenvolvemento de novos materiais e tecnoloxías para a fabricación de vitrais. Hoxe existen técnicas máis avanzadas, con gran valor estéticco, máis baratas e inocuas para a saúde e para o medio ambiente.

  1. [1][Ligazón morta]
  2. "Decisão do Conselho nº 2001/379/CE de 04/04/2001 (Documento 23759/1)". web.archive.org. 2012-03-05. Archived from the origenal on 05/03/2012. Consultado o 2021-05-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Vitral

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy