Content-Length: 88107 | pFad | http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Organizaci%C3%B3n_Hidrogr%C3%A1fica_Internacional

Organización Hidrográfica Internacional - Wikipedia, a enciclopedia libre

Organización Hidrográfica Internacional

A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.

Organización Hidrográfica Internacional
AcrónimoIHO
Tipoorganización intergobernamental
Data de fundación1921
Director/aAbri Kampfer e Luigi Sinapi
SedeMónaco
PaísMónaco
Na rede
https://www.iho.int
editar datos en Wikidata ]
     Estados membros      Membros suspendidos      Aprobados, pero esperando entrar como membros      Solicitude en curso Datos de 2006.

A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficcos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.

Obxectivos

editar

É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficcos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:

  • Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
  • Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
  • Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficcos.
  • Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Organizaci%C3%B3n_Hidrogr%C3%A1fica_Internacional

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy