Content-Length: 77795 | pFad | http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Novela_gr%C3%A1fica

Novela gráfica - Wikipedia, a enciclopedia libre

Novela gráfica

xénero da banda deseñada

Novela gráfica é un formato de publicación destinado a un públicco con guión dun só autor e que contén unha historia única, onde se fusionan o debuxo e a narrativa e se presentan temas profundos e historias extensas.[1][2] Ademais, nun sentido diacrónicco, é un movemento vangardista do século XXI herdeiro da historieta alternativa e con difusión internacional, que abrangue tanto banda deseñada estadounidense (Charles Burns, Daniel Clowes, Gary Panter, Joe Sacco, Seth) como francófona (Guy Delisle, Marjane Satrapi) e mesmo española (Paco Roca, Luís Durán...), israelí (Rutu Modan) e xaponesa (Jiro Taniguchi), cuxa figura central é Chris Ware.[3] Como tal, implica unha revolución das historias abordadas, alén da revolución gráfica producida desde os anos 70.[4] Pode considerarse, neste senso, "como o último (até agora) dos varios intentos feitos pola banda deseñada de asaltar a fortaleza da respetabilidade cultural". Toda esta polisemia levou a confusións e contradicións entre os diversos autores, expertos e lectores. Recoñécese como a primeira novela gráfica á obra O Eternauta (1957) de Héctor Germán Oesterheld; aínda que a primeira obra auto proclamada como novela gráfica foi Contrato con Deus (1978) de Will Eisner; a cal popularizou o termo.

Novelas gráficas dispostas para a súa venda nunha libraría especializada.
  1. García (2010), 218-219.
  2. Ramírez (28/07/2009), 12.
  3. García (2010), 215-264.
  4. Portela, Carlos en entrevista con Fernández, David (19/11/2008). Zona Negativa entrevista a Carlos Portela, "Zona Negativa".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Novela_gr%C3%A1fica

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy