Plinio o Novo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 61 Como, Italia |
Morte | 113 ↔ 114 (51/52 anos) Reino de Bitinia |
Senador romano | |
Cuestor | |
Cónsul sufecto | |
Pretor | |
Tribuno da plebe | |
Gobernador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
Residencia | Villa Commedia (pt) Lierna Lago Como |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Antiga |
Ocupación | escritor, militar, oficial, xurista, historiador, poeta, avogado, político, funcionario |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Profesores | Lúcio Vergínio Rufo (pt) , Quintiliano e Plinio o Vello |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Calpurnia (103–) daughter of Pompeia Celerina (–96), morte stepdaughter of Veccius Proculus |
Pais | valor descoñecido Plinio o Vello e Plinia Marcella |
Parentes | Plinio o Vello, tío |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Gaius Plinius Caecilius Secundus, coñecido por Plinio o novo, nado contra o ano 63 e finado no 113, foi orador, xurista, escritor e administrador imperial da Antiga Roma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir ós 14 anos unha traxedia en grego, pero Plinio destacou en poesía, a maior parte dos seus escritos perdéronse, a pesar do coidado que tiña por eles. Tamén coñecido polos seus dotes de orador, considerándose seguidor de Cicerón, a súa prosa era menos directa e rechamante que a deste último. Participou en moitos xuízos, pero o único discurso que se conserva del é o seu Panegiricus Trajani, descrición aduladora e enfática da figura de Traxano, que é un instrumento valioso para estudar diversas accións que fixo este emperador no campo administrativo como nos impostos, xustiza, disciplina castrense e comercio. Plinio definíao como un tratado sobre o gobernante perfecto.
As súas cartas son un testemuño único da administración ordinaria do século I. O seu estilo é moi diferente dos usados nos panexíricos, afirmando algúns críticos que Plinio é o inventor dun novo xénero literario: a carta escrita para ser publicada.
Nas súas primeiras cartas de mocidade describe a erupción do monte Vesuvio e a morte do seu tío e mentor, Plinio o vello. No seu honor este tipo de erupcións coñécense como plínicas. Estas cartas estaban dirixidas ao seu amigo Publio Cornelio Tácito, que foi un dos grandes historiadores romanos, para darlle unha visión próxima e certeira da morte do seu tío. Outras cartas famosas foron as dirixidas a Septicio Claro, que son case poemas, as que se refiren á erupción do Vesuvio e as referentes ás vilas e á morte de Marcial.